Boas
amiguiños!! Hoxe vimos falarvos dos PATIOS
ACTIVOS. Coñecédelos? Pois ben, como saberedes o recreo é un momento
educativo igual que o resto da xornada, polo que esta iniciativa pretende
desenvolver dinámicas lúdicas e de inclusión nestes 30 minutiños que temos de
descanso á maña. No noso caso, aproveitaremos os xogos tradicionais que no noso
colexio xa os levamos traballando dende fai un tempo. Para que vexades,
deixámosvos unhas imaxes de como temos pintado o patio e así comprobaredes
tamén que alumn@s tan artistas temos!!
Se queredes
saber máis sobre como foi este traballo no noso cole, podedes visitar o
seguinte blog: http://xogaqtxoga.blogspot.com.es/
Por se vos
preguntades como estamos tan informados é que esta fin de semana acudimos a
unha xornada de formación levada a cabo na biblioteca Rego da Balsa (Carballo)
promovida pola asociación local Un paso máis e dúas profesionais de COCEMFE.
Aquí vos deixamos un enlace pois saímos na Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2017/02/12/recreos-dinamicos/0003_201702C12C11993.htm
Aquí vos deixamos un enlace pois saímos na Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2017/02/12/recreos-dinamicos/0003_201702C12C11993.htm
Grazas por
lernos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario