miércoles, 12 de diciembre de 2012

jueves, 1 de noviembre de 2012

sábado, 13 de octubre de 2012

jueves, 13 de septiembre de 2012

De présa a vida pasa....

.... e xa estamos nun novo curso, unha nova andaina que imos facer xuntos, sen présa, pero chea de moitas actividades, experiencias, novidades,... Aquí estamos xa, imos aló!!!!

martes, 26 de junio de 2012

sábado, 23 de junio de 2012

Revista Escolar 2011-12

Revista Escolar 2

Festival fin de curso

O mago Pablo

No Festival de Fin de curso o Mago Pablo encheu de trucos de maxia, ilusión, curiosidade, risas,..... o noso ximnasio. E tamén o encheu de pombas, aneis, panos de cores, ..... cousas que aparecían e desaparecían e que nos fixeron pensar ao empezar e abandonarnos á ilusión e á maxia despois.

Fin de curso, tempo de despedidas

E tocou despedir aos de sexto, que no festival demostráronnos estar moi en forma, aquí os tedes bailando, e tamén recollendo a orla para que non esquezan este colexio e os seus compañeiros. Ata sempre!!

jueves, 7 de junio de 2012

Visita ao planetario

Esta semana tivemos unha visita moi interesante. Os de La Caixa prestáronnos un planetario moi chulo que se inchaba. Colocámolo no ximnasio e nel observamos o ceo. Queres entrar con nós?

lunes, 23 de abril de 2012

LETRAS GALEGAS 2012

Adicadas este ano a Valentín Paz Andrade, aquí temos unhas actividades LIM para cada ciclo. Vai facendo.
EDUCACIÓN INFANTIL


PRIMEIRO CICLO


SEGUNDO  CICLO

sábado, 14 de abril de 2012

O alumnado de 6º visitou a exposición da Semana da Saúde do IES Parga Pondal. Unha vez rematada a visita á exposición foron invitados a unha merenda saudable. Foron atendidos polo Departamento de Bioloxía.
 

domingo, 8 de abril de 2012

Semana de Romanía. Ciclo festivo na primavera

Celebramos a semana de Romanía e rematamos cunha boa festa rachada, comendo cozonac que nos fixo o Forno Novo. Estaba boísimo.
Moitas grazas ás familias romanesas pola súa colaboración, tinguindo ovos, cun cozonac que estaba riquísimo, e sobre todo por compartir con nós os seus fillos durante este curso.

domingo, 25 de marzo de 2012

Nosa, nosa...

Flashmob para defensa e fomento do emprego do galego organizado polos EDL dos CEIP Nosa Sra de Xuvencos, CEIP Virxe da Pena da Sela, CEIP de Beariz e CPR Vila do Arenteiro.

sábado, 3 de marzo de 2012

A VOZ DE GALICIA VISÍTANOS

Pois si, este venres viñeron ver o que estabamos a facer na quincena tropical, saímos en directo na radio, en Radiovoz, estas son algunhas das fotos que nos quitaron, e se queres ler o que publicaron preme AQUI

domingo, 5 de febrero de 2012

PREPARANDO O ENTROIDO

Coñecemos o entroido tradicional en Galicia
Anímate e participa no concurso
Neste lim tes algunhas actividades para ver o que aprendeches

martes, 24 de enero de 2012

30 de xaneiro. Día da PAZ

       Celebraremos o día da Paz o luns 30 de Xaneiro con diversas actividades. Este curso dedicarémonos especialmente ao respecto pola diversidade e a discapacidade.
     Visitarannos da Escola de Xordos e contaranlle un conto aos máis pequenos.
      Aos demais explicaranlles as dificultades que atopan para a súa vida normal e como podemos axudalos.
      Tamén cantaremos unha canción entre todos e faremos un mural moi chulo.


Busco un traballo

domingo, 22 de enero de 2012

30 de xaneiro. Día da PAZ

Para ir preparando o día aquí temos un montón de actividades coas que aprenderás moito xogando.

Aquí tes o xogo do Aforcado para buscar palabras relacionadas coa Paz
 Clica na imaxe e vai buscando diferenzas entre os dous debuxos.

 E neste encrucillado tes que buscar  todas esas palabras. Clica nel e empeza

Aquí tes agora dous libros LIM  con moitas actividades.


 Fixéches xa todas as actividades????

Pois logo mereces facer estes crebacabezas coa pomba da Paz.