lunes, 27 de febrero de 2017

Un cambio de imaxe

Ao longo destes últimos días, creamos na entrada do centro un recuncho do Antroido dirixido polo noso amigo o labrego que nos daba unha orde por día de como debiamos ir disfrazados. Ademais, tiñamos documentación que nos axudaba a situar Galicia no mapa e dentro deste os lugares galegos máis representativos desta festividade.


Este venres celebramos no cole o Antroido. Como participamos no programa Xermoliño do Plan Proxecta, realizamos un proxecto no cole que titulamos "Da horta á mesa", polo que nos disfrazamos de cociñeiros, produtos da horta, labregos, tractores... a ver que vos parece!

Realizamos un paseo polos arredores, e amecizámoslles un cachiño da mañá aos traballadores do Forum, así tiveron a oportunidade de facer un descansiño e gozar do noso baile.



E onte domingo, fomos cun grupo de nenos e nenas ao desfile de disfraces do concello de Carballo, ao que nos acompañaron as nosas familias que incluso participaron no concurso!! Moitas grazas a todos e noraboa!! porque por se non o sabiades... gañaron o 2º premio da categoría de comparsas infantís e Choqueira de Bergantiños.


Aquí vos deixamos un enlace ás fotos de La Voz de Galicia, a ver se nos atopades: http://www.lavozdegalicia.es/album/carballo/carballo/2017/02/26/desfile-entroido-carballo-110-imagenes/01101488146366485546506.htm

Bo antroido e a comer moitas filloas!! Nós a seguir a tradición



Fixádevos que tivemos unha convidada de honra neste Antroido. Falaremos dela no blog da biblioteca (http://equipobibliosaluis.blogspot.com.es/)

No hay comentarios:

Publicar un comentario