viernes, 26 de mayo de 2017

RelaXA


                                                                   Recuncho relaxa!

 
Queda inagurado o noso recuncho RelaXA! Unha zona para desfrutar dunha boa lectura, debuxar, pintar ou o facer o que nos pete! Pero sempre dende o RELAX!



lunes, 22 de mayo de 2017

martes, 16 de mayo de 2017


                              Día das letras galegas

Mañá, 17 de Abril, é o Día das letras galegas, e homenaxéase a figura do escritor galego Carlos Casares.

O noso traballo sobre o escritor está exposto na entrada do colexio! Quedounos incrible!  

Botade un ollo!

 

viernes, 12 de mayo de 2017

Sorpresa e ledicia na XII Semana do Libro e a Lectura de Carballo.

Como ben sabedes, o 23 de Abril conmemórase o Día do libro, e con este motivo, o  Concello de Carballo organizou a "XII Semana do Libro e a Lectura". Durante toda a semana, houbo diferentes actividades no Pazo da Cultura, e entre elas a visita de tódolos  nenos dos colexios do concello para contemplar a exposición "O mundo que queremos", exposición na que tivemos o pracer de participar mostrando o traballo realizado no Xesús San Luís Romero.



A nosa ledicia foi cando o día 28 de Abril, na clausura da Semana do Libro, se nos entregou o premio polo mellor traballo realizado xunto ao CRA Ponte da Pedra.


Estamos moi orgullosos do traballo feito, parabéns a todo o alumnado e profesorado do CEIP XESÚS SAN LUÍS ROMERO!!


martes, 2 de mayo de 2017

Non permitas o acoso!!

Hoxe celébrase o Día do acoso escolar.
Non permitas que ninguén te menosprece por ser doutra cor, raza, sexo ou, simplemente, por ser diferente, nin tampouco permitas que llo fagan aos demais. Cóntallo á túa familia ou mestres e eles axudaranche.
Que esta imaxe da sabia Mafalda nos axude a non ser indiferentes.

lunes, 27 de febrero de 2017

Un cambio de imaxe

Ao longo destes últimos días, creamos na entrada do centro un recuncho do Antroido dirixido polo noso amigo o labrego que nos daba unha orde por día de como debiamos ir disfrazados. Ademais, tiñamos documentación que nos axudaba a situar Galicia no mapa e dentro deste os lugares galegos máis representativos desta festividade.


Este venres celebramos no cole o Antroido. Como participamos no programa Xermoliño do Plan Proxecta, realizamos un proxecto no cole que titulamos "Da horta á mesa", polo que nos disfrazamos de cociñeiros, produtos da horta, labregos, tractores... a ver que vos parece!

Realizamos un paseo polos arredores, e amecizámoslles un cachiño da mañá aos traballadores do Forum, así tiveron a oportunidade de facer un descansiño e gozar do noso baile.



E onte domingo, fomos cun grupo de nenos e nenas ao desfile de disfraces do concello de Carballo, ao que nos acompañaron as nosas familias que incluso participaron no concurso!! Moitas grazas a todos e noraboa!! porque por se non o sabiades... gañaron o 2º premio da categoría de comparsas infantís e Choqueira de Bergantiños.


Aquí vos deixamos un enlace ás fotos de La Voz de Galicia, a ver se nos atopades: http://www.lavozdegalicia.es/album/carballo/carballo/2017/02/26/desfile-entroido-carballo-110-imagenes/01101488146366485546506.htm

Bo antroido e a comer moitas filloas!! Nós a seguir a tradición



Fixádevos que tivemos unha convidada de honra neste Antroido. Falaremos dela no blog da biblioteca (http://equipobibliosaluis.blogspot.com.es/)

miércoles, 15 de febrero de 2017

No cole desprendemos amor

Aaai amiguiños, como nos gustou celebrar o San Valentín!! Lembrades que vos deixamos unha pista fai uns días? Pois no cole estivemos a preparar gominolas en forma de corazóns e ramos de rosas tamén con gominolas e incluso tiñamos un oquiño para escribir notas de amor a quen nós quixeramos, tanto neno@s coma mestr@s, familias... Deixámosvos aquí unha pequena mostra do noso traballo ou entretemento, non sabemos, porque o pasamos tan ben e aprendemos tanto que non volo podedes imaxinar.


E non é por dar envexa pero... hmmmm... estaba todo riquísimo!!


Por se non vos fixastes quen son os autores dalgunhas das notiñas de amor, aquí volas deixamos. Esperamos que as gocedes!



martes, 14 de febrero de 2017

Patios activos

Boas amiguiños!! Hoxe vimos falarvos dos PATIOS ACTIVOS. Coñecédelos? Pois ben, como saberedes o recreo é un momento educativo igual que o resto da xornada, polo que esta iniciativa pretende desenvolver dinámicas lúdicas e de inclusión nestes 30 minutiños que temos de descanso á maña. No noso caso, aproveitaremos os xogos tradicionais que no noso colexio xa os levamos traballando dende fai un tempo. Para que vexades, deixámosvos unhas imaxes de como temos pintado o patio e así comprobaredes tamén que alumn@s tan artistas temos!!


Se queredes saber máis sobre como foi este traballo no noso cole, podedes visitar o seguinte blog: http://xogaqtxoga.blogspot.com.es/

Por se vos preguntades como estamos tan informados é que esta fin de semana acudimos a unha xornada de formación levada a cabo na biblioteca Rego da Balsa (Carballo) promovida pola asociación local Un paso máis e dúas profesionais de COCEMFE.
Aquí vos deixamos un enlace pois saímos na Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2017/02/12/recreos-dinamicos/0003_201702C12C11993.htm



Grazas por lernos!!

sábado, 11 de febrero de 2017

Treees... dooous... uuuuun... RETOMAMOS!!!

Novo ano... novo mes... e pensamos que era un bo momento para reinaugurar este blog, así que BENVIDOS A TODOS E A TODAS de novo!! sexades mestres, mestras, nenos, nenas ou familias, aquí atoparedes un humilde lugar con recursos que consideramos axeitados e queremos compartir convosco.

A idea orixinaria deste blog era como un recuncho das aulas de AL e PT onde se mostraban recursos para traballar con todo o alumnado, vídeos que tratasen diferentes problemáticas que podemos atopar no día a día dos centros... mais agora, aínda que continuaremos con esta dinámica, tamén o empregaremos para dar a coñecer o que facemos no centro! Non será o mellor feito nin o peor, o que si sabemos é que o facemos con todo o cariño do mundo, así que nos gustaría que comentásedes nas nosas publicacións se considerades oportuno, pois como mestres/as estamos aquí para aprender.

Deixámosvos unha idea para que pensedes... Que se cocerá neste recanto do noso corredor?? Pensade pensade...


Ata outra amiguiños!!