Contaxiadas pola febre blogueira do colexio estreamos hoxe este blog para as aulas de apoio.
Chamámoslle "Bótanos unha man", polas características propias do noso traballo, e tamén porque queremos que, vós que nos ledes, nos botedes unha man na construción e no enriquecemento do blog. Todas as vosas aportacións serán benvidas, tanto nos comentarios coma en mensaxes que podedes facer chegar ao correo electrónico de contacto.
Benvid@s e grazas pola vosa compaña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario