Novo ano... novo mes... e pensamos que era un bo momento para reinaugurar este blog, así que BENVIDOS A TODOS E A TODAS de novo!! sexades mestres, mestras, nenos, nenas ou familias, aquí atoparedes un humilde lugar con recursos que consideramos axeitados e queremos compartir convosco.
A idea orixinaria deste blog era como un recuncho das aulas de AL e PT onde se mostraban recursos para traballar con todo o alumnado, vídeos que tratasen diferentes problemáticas que podemos atopar no día a día dos centros... mais agora, aínda que continuaremos con esta dinámica, tamén o empregaremos para dar a coñecer o que facemos no centro! Non será o mellor feito nin o peor, o que si sabemos é que o facemos con todo o cariño do mundo, así que nos gustaría que comentásedes nas nosas publicacións se considerades oportuno, pois como mestres/as estamos aquí para aprender.
Deixámosvos unha idea para que pensedes... Que se cocerá neste recanto do noso corredor?? Pensade pensade...
Ata outra amiguiños!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario